


|
 |
 |
DEFINICIÓN |
|
O 16 de abril de 1.997 asínase un convenio entre a Xunta de Galicia, ENDESA e as Centrais Sindicais con implantación en Galicia: Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores e a Confederación Intersindical Galega. Creáse unha actuación sen precedentes: o Plan de Desenvolvemento Económico Industrial para As Pontes que ten como fin facilitar e favorecer a creación de empresas e a diversificación do tecido produtivo de toda a zona en actividades industriais e de servizos alleos á minaría do carbón, que permitan minimizar e absorber os efectos da paulatina redución da actividade mineira sobre o tecido empresarial, permitindo axuntar esforzos entre administracións, sindicatos e empresa privada.
|
|
|
|
 |
PRINCIPAES OBXECTIVOS |
|
- Apoio na concesión de incentivos ao investimento e á creación de postos de traballo.
- Captación de proxectos externos de investimento.
- Creación e sostemento desde as distintas institucións (Xunta de Galicia, Administración Central, Administración Local e Centrais Sindicais), dun clima de apoio ás iniciativas e proxectos que se xeren.
- Mellora das infraestruturas da zona.
- Dotación para o equipamento social, cultural e empresarial.
- Fomento de iniciativas locais.
- Formación de recursos humanos.
- Restauración ambiental.
|
|
 |
INSTRUMENTOS |
|
O Plan inclúe 5 instrumentos de diversificación económica:
- Mellora das infraestruturas viarias de conexión das Pontes co porto de Ferrol, a Meseta, a Cornixa Cantábrica e o Eixo Atlántico Ferrol-Lisboa.
- Creación de novo Solo Industrial no municipio das Pontes.
- Subvencións a fondo perdido dotadas por ENDESA, para complementar as axudas públicas, para proxectos de investimento implantados na zona ata o 31.12.2012.
- Creación da Oficina de Promoción e Desenvolvemento Económico (OPYDE): portal único para proxectos de investimento xeradores de emprego no marco do Plan.
- Formación.
|
 |
|
|
 |
FITOS |
|
Os logros máis importantes alcanzados polo Plan (1997-2007) foron:
- 1.276 novos postos de traballo creados, 576 máis dos establecidos inicialmente como obxectivo.
- 40,5 hectáreas de novo solo industrial construídas.
- 50 novas empresas implantadas coa axuda do Plan convertendo en realidade o obxectivo de diversificación do tecido económico da comarca.
- 244,8 millóns de euros de investimento xerado.
|
 |
Os fitos alcanzados ata o momento sentaron as bases para un desenvolvemento socioeconómico sustentable da comarca mineira das Pontes máis aló da dependencia inicial da explotación mineira.
|
|
 |
AXENTES IMPLICADOS |
|
Os axentes implicados no Plan son:
|
|
  |
 |
|