


|
 |
O municipio das Pontes conta con diversas vantaxes ao investimento e á implantación de novas empresas, atendendo a diferentes elementos clave:
- Financiamento público a fondo perdido.
- Dispoñibilidade de man de obra.
- Dispoñibilidade de recursos e subministracións.
- Infraestruturas de comunicacións.
|
 |
|
|
 |
FINANCIAMENTO PÚBLICO A FONDO PERDIDO |
|
|
Ata un 50% DE SUBVENCIÓN PARA A IMPLANTACIÓN INDUSTRIAL.
No Concello das Pontes conxúganse circunstancias que favorecen a obtención das cotas máximas de financiamento público, e que poden alcanzar unha contía máxima equivalente ao 50% dos custos elixibles de cada proxecto.
|
 |
- As Pontes é un dos municipios españois incluídos no Programa Operativo da Iniciativa Comunitaria RECHAR.
- As Pontes está considerado como municipio elixible para as Axudas de Reindustrialización promovidas polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.
- As Pontes é beneficiario do Plan Galicia para o conxunto da Comunidade Galega, nas Axudas de Incentivos Económicos Rexionais do Ministerio de Economía.
- As Pontes está considerado como territorio elixible nas Axudas a Proxectos de Investimento promovidas polo Instituto Galego de Promoción Económica.
|
|

 |
DISPOÑIBILIDADE DE MAN DE OBRA |
|
A rexión das Pontes conta cunha poboación eminentemente nova. A tradición industrial do municipio dotouno de recursos humanos altamente cualificados sendo constante o esforzo de actualización neste sentido.

|
|
 |
DISPOÑIBILIDADE DE RECURSOS NATURAIS E SUMINISTRACIÓNS |
|
Desde un punto de vista enerxético, As Pontes conta cunha posición estratéxica inmellorable coa presenza do complexo eléctrico de ENDESA con 2.500 megavatios instalados na zona e a proximidade da planta regasificadora de REGANOSA.
Complementariamente, é destacable a existencia dun tecido empresarial diversificado no municipio, composto por un bo número de empresas auxiliares do sector industrial.
Atendendo á súa distribución sectorial, ao redor do 50% das empresas pertencen ao sector servizos, en tanto que un +/- 40% pertence ao sector industrial e un +/- 3% ao sector primario e industrial relacionado co mesmo. O restante +/- 7% corresponde ao sector da construción. |
|
 |
INFRAESTRUTURAS DE COMUNICACIÓNS |
|
As excelentes infraestruturas en comunicacións fan das Pontes o punto xusto para a implantación de novas empresas. A través da autovía Ferrol-Vilalba conéctase co Porto de Ferrol* e a meseta, e a través da autoestrada AP-9 co aeroporto da Coruña e con Portugal.
(*) O Porto Interior é unha instalación enfocada a tráficos intermodais con potencial para o establecemento de novas liñas marítimas de tráfico RoRo (rodado) entre a Península Ibérica e outras partes de Europa (Benelux, Irlanda-Reino Unido, etc.). O porto exterior é unha nova instalación portuaria con grandes calados e superficies.
|
 |
INFRAESTRUTURAS VIARIAS |
AUTOVÍA FERROL-AS PONTES-VILALBA
|
Tramo Catabois - Igrexafeita Tramo I y II
|
100% EXECUTADO |
| Tramo Igrexafeita – Cabreiros |
100% EXECUTADO |
Tamo Cabreiros – Villalba
|
EN EXECUCIÓN |
ACONDICIONAMIENTO EIXO AS PONTES-CABANAS E ENLACE COA A9
|
Fase I: Cabanas – A Capela – Goente
|
100% EXECUTADO |
Fase II: Conexión AC –141 con N-651 y A9 en Vilar do Colo y tramo Goente – As Pontes
|
100% EXECUTADO |
NOVO ACCESO AS PONTES-POLÍGONOS OS AIRIOS-MOMAN |
|
|
  |
 |
|